Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo esperta de novo o interese dunha publicación alemana


# Mércores, 30/05/2007
A revista Das Aktuelle Spanien Magazin publica unha ampla reportaxe sobre a cidade no número do seu 20º aniversario

A cidade de Lugo estase a converter nun tema de interese nas publicacións alemanas especializadas en turismo. O pasado mes de abril a revista Wander Magazine promocionaba nas súas páxinas o patrimonio arqueolóxico e natural lucense e este mes tócalle á revista Das Aktuelle Spanien Magazin que publica unha extensa reportaxe sobre a cidade, integrada nunha sección dedicada á actualidade cultural española.

Esta publicación alemana conta cunha tirada de máis de 12.000 exemplares que se distribúen en 21 municipios da Costa do Sol, como Sotogrande, Estepona ou Marbella, e varias cidades de Alemania e Austria. O número de lectores case se quintuplica, pois esta revista chega a 140 puntos de recepción entre os que figuran oficinas de varias entidades bancarias, clubes de golf e salas de lectura de grandes hoteis de luxo da costa malagueña.

Das Aktuelle Spanien Magazin é unha revista mensual editada en Málaga e celebra no número correspondente a este mes o seu vixésimo aniversario. Para este especial escolleron a Muralla de Lugo para cubrir a sección de cultura española que nos pasados números se ven dedicando aos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova