Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI organiza un seminario informativo sobre subvencións e outro sobre ideas empresariais


# Xoves, 31/05/2007
A inscrición permenecerá aberta até o luns nos dous

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) celebrará o luns un seminario que leva por título “Como pedir subvencións da Administración”.

Trátase dunha nova acción formativa totalmente gratuíta e orientada especialmente a empresarios e emprendedores. A inscrición pode realizarse dende hoxe e até as cinco da tarde do luns.

O seminario comezará ás seis da tarde e ao finalizar o mesmo os participantes poderán preguntar polo seu caso particular aos ponentes, técnicos do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Por outra parte, o CEI organizou tamén un seminario co título “Xeración e mediación de ideas empresariais”, que se celebrará durante tres xoves seguidos, a partir do día 7 de xuño.

Este seminario consta de 15 horas que se desenvolverán de catro a nove da tarde cada un dos tres días. A formación estará a cargo da empresa BIC Galicia e será totalmente gratuíta.

O prazo de inscrición está todavía aberto e quedan dez prazas libras, ás que se poderán apuntas os que o desexen antes do próximo luns. A inscrición pode realizarse a través do teléfono 982 26 42 60 ou na dirección electrónica formaciónarrobacei.lugo.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova