Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI realizará un seminario gratuíto sobre ideas empresariais


# Luns, 04/06/2007
Celebrarase nas tardes de tres xoves seguidos comezando o día 7

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) organizou un seminario co título “Xeración e mediación de ideas empresariais”, que se celebrará durante tres xoves seguidos, a partir do día 7 de xuño e para o que a inscrición está pechada con 30 persoas anotadas.

Este seminario consta de 15 horas que se desenvolverán de catro a nove da tarde cada un dos tres días. A formación está a cargo da empresa BIC Galicia e é totalmente gratuíta.

Os interesados en informarse sobre o tipo de cursos poden facelo a través do teléfono 982 26 42 60 ou na dirección electrónica formaciónarrobacei.lugo.es.

Ademais, o Centro acolle esta tarde un seminario que leva por título “Como pedir subvencións da Administración”.

Trátase dunha nova acción formativa totalmente gratuíta e orientada especialmente a empresarios e emprendedores.

O seminario comezará ás seis da tarde e ao finalizar o mesmo os participantes poderán preguntar polo seu caso particular aos ponentes, técnicos do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova