Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Trinta persoas participan no CEI nun seminario gratuíto sobre ideas empresariais


# Mércores, 06/06/2007
Serán tres xoves seguidos, polas tardes

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) comeza mañá, xoves, o seminario “Xeración e mediación de ideas empresariais”, que se celebrará durante tres xoves seguidos, a partir do día 7 de xuño, e no que participarán 30 persoas.

Este seminario consta de 15 horas que se desenvolverán de catro a nove da tarde cada un dos tres días. A formación está a cargo da empresa BIC Galicia e é totalmente gratuíta.

Os interesados en informarse sobre o tipo de cursos poden facelo a través do teléfono 982 26 42 60 ou na dirección electrónica formacionarrobacei.lugo.es



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova