Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá o 15 de xullo a sétima edición do certame de pintura rápida


# Venres, 01/06/2007
Repartiranse 8.000 euros en premios para adultos e 1.500 para a xuventude

O Concello de lugo celebrará o día 15 de xullo a sétima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 50 participantes mentres que no anterior foron 36.

A Concelleira explicou que escolleron esta data porque o día 14 se celebra un certame de similares características no Courel e deste xeito os mesmos pintores poden participar nos dous concursos.

As bases mantéñense na mesma liña que nas edicións anteriores. Os participantes inscribiranse o mesmo día comezando ás nove da mañá e entregando ás cinco da tarde, para presentar a súa obra ante o xurado.

A temática das obras ten que estar relacionada con Lugo, polo que normalmente o ámbito circunscríbese ao centro histórico da cidade, ao contorno exterior da muralla e á zona do río.

A esa hora reunirase o xurado, que faiará dez premios na categoría de adultos e tres na de xuvenil. Para os maiores de 18 anos os premios serán 1.700 euros para o primeiro, 1.200 para o segundo, 900 para o terceiro e sete premios de 600 euros cada un. Serán un total de 8.000 euros.

O ano pasado estableceuse unha nova categoría de xuvenil, para rapaces de entre 13 e 17 anos. Aos tres primeiros clasificados corresponderalles un bono de 500 euros cada un.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta até o día 31 de xullo.

A Concelleira sinalou a importancia que ten esta cita, esperada xa polos lucenses, ao ter ese día a cidade un aire especial. “Todos os anos os lucenses saen ás rúas para ver traballar aos pintores, falar con eles e valorar e puntuar as obras; non deixa de ser unha das grandes atraccións do verán”, dixo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova