Imprimir

COMEZAN AS PROBAS DE SELECCIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DO CEI


11/9/2007

Este mércores, día 12 de setembro, comenzan as probas de selección de candidatos para a participación nos cursos de formación ocupacional que se van impartir no Centro de Empresas e Innovación (CEI) e que están organizados polo Concello de Lugo.

O día 12 terá lugar a proba para o curso de "Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol", e o xoves día 13 a correspondente ao curso "Experto en Software Ofimático Libre". Xa a vindeira semana terán lugar as probas para os cursos de "Axente de Innovación", o xoves 20, e de "Programador en Tecnoloxías Java", o venres, 21 de setembro.

Todas as probas terán lugar ás 10:00 horas, e o prazo para a inscrición de candidatos remata o día anterior á realización de cada proba de selección. Os interesados poden inscribirse a través da web do CEI, www.cei.lugo.es, ou chamando ao 982 264260.

As datas nas que darán comenzo os cursos son as seguintes:
- O día 17 de setembro empezarán Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol (350 horas de duración) e Experto en Software Ofimático Libre (300 horas);
- O día 24 de setembro dará comezo o curso de Programador en Tecnoloxías JAVA (330 horas);
- O 8 de outubro Axente de Innovación (200 horas).

Todos eles impartiranse en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, nas instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica.