Imprimir

OS EMPRESARIOS DO CEAO VISITAN AS INSTALACIÓNS DO CEI-NODUS


24/9/2007

A Concelleira Economía e Emprego, Sonia Méndez, guiou a unha treintena de empresarios do polígono do CEAO nunha visita para coñecer as instalacións do Centro de Empresas e Innovación e as salas do Nodus.

Os empresarios mostraron o seu interese polos medios cos que conta o centro e a utilidade para as súas empresas. A sala de TIC, de video-conferencia ou de demostracións chamaron a atención dos empresarios locais, así como a posibilidade de usar as aulas do centro para formar ós seus empregados.

Sonia Mendez indicoulles que todas as instalacións están á súa disposición, cumprindo co compromiso acadado polo Goberno Local de abrir o CEI ás empresas da cidade.

Ó rematar a visita os empresarios do CEAO compartiron, nun encontro informal, cos empresarios aloxados no CEI ás súas experiencias profesionais e comezaron os primeiros contactos de negocio entre eles.