Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 24.000 persoas visitaron o stand do CEI-Nodus en Expolugo


# Luns, 08/10/2007
O centro achegouse á poboación lucense dando a coñecer a súa oferta de servizos

O Centro de Empresas e Innovación e o Centro de Servizos Tecnolóxicos estivo presente cun stad propio en Expolugo ata o pasado día 7. O CEI-Nodus achegouse deste xeito ó conxunto da poboación de Lugo é os visitantes chegados de fora, para dar a coñecer a súa ampla oferta de servizos para as empresas, os emprendedores e os traballadores desempregados.

Os preto de 24.000 visitantes da feira puidéronse achegar ó stand do CEI-Nodus e descubrir un centro e un equipo de técnicos ó seu servizo para facer realidade as ideas empresariais.

Pola súa banda, as empresas consolidadas que visitaron o stand desta iniciativa do Concello de Lugo atoparon unha oferta de servizos encamiñados a mellorar a súa productividade e competitividade sobretodo en materia de I+D+i. Ademais os empresarios puideron coñecer a disposición de espacios dotados coas máis avanzadas tecnoloxías que lles permiten dende a celebración de cursos de formación para os seus empregados ata demostracións tecnolóxicas, videoconferencias, celebración de reunións e congresos no CEI.

Nos case 150 metros cadrados de stand do CEI-NODUS os visitantes puideron coñecer de preto algunhas das empresas instaladas no centro cunha oferta que vai dende a instalación de enerxías renovables ó asesoramento financeiro: Asesores Patrimoniales. SL, Calor Verde, H2O, Lugointernet. SL, XAN, Servigasa e Tecgal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova