Lugo acolle o VIII Foro Emprendedor BANG
# Martes, 23/10/2007
Será o xoves 25 de outubro no CEI
O Centro de Empresas e Innovacións do Concello de Lugo, acolle o VIII Foro Emprendedor Business Angel Network Galicia (BANG) o próximo xoves 25 de outubro.
Os asistentes poderán coñecer as pautas para a elaboración e a análise de plans de empresa da man de Óscar García Álvarez, especialista na valoración de plans de negocio e análise de proxectos. Ademáis poderán asistir á conferencia de Sergio Quiroga, representante de ECOCELTA, Un emprendedor excelente: caso práctico.
Para finalizar, un especialista en valoración de plans de negocio e análise de proxecto, atenderá ós emprendedores que así o desexen para estudar o seu perfil emprendedor dun modo individualizado.
Os anxos dos emprendedoresA rede Business Angels Network Galicia proporciona mecanismos efectivos e paralelos ás institucións financieiras que permiten cubrir os plans de investimentos dos emprendedores. Así nacen as Redes de Business Angels, pola existencia desta demanda de inversión para pequenas e medianas empresas que non poden cubrir os familiares e amigos e tampouco teñen o volumen suficiente para acceder a recursos financieiros de entidades bancarias ou de sociedades de capital de risco.
Encóntranse actualmente na rede, en busca de inversión : 36 proxectos validados. Cerráronse con éxito cinco proxectos e outros tantos encóntranse en negociacións.
Normalmente os inversores chegan a aportar ata dous millóns de euros a sectores con potencia de crecemento (pero sobre todo apostan por xente con ideas, talento e capacidade de xestión). O principio interesábanse por proxectos do boom tecnolóxico e agora en distribución alimentaria ou construcción.
Calcúlase que en España hai uns 2.500 destos anxos do negocio.Según estudos recientes, un de cada cinco inversores xerou un rendemento acumulado do 50%. A rentabilidade media (con criterio conservador) é do 15%.
A principal característica dun anxo do negocio é a de ser capaz de atopar e confiar nun grupo de emprendedores e dedicarlle parte dos seus recursos (tempo e capital) para axudar a desenvolver un proxecto, que ó mesmo tempo será o seu.
Un Business Angel invirte con criterios financieiros e obtén, ademais de beneficios, a satisfacción de poder transmitir con éxito a súa propia experiencia empresarial.
En xeneral, as redes Business Angel:
- Movilizan importantes fondos de Capital (que anteriormente permanecía fragmentado e invisible)
- Estimulan a demanda de financiación (que de outro modo estaría latente)
- Facilitan inversión creando canales de comunicación.
As redes Business Angels poden eliminar moitos dos problemas financieiros e de xestión ós que se enfrentan as empresas de nova ou reciente creación.
Compartir: