Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O patrimonio arqueolóxico lucense, analizado por expertos nun curso de verán da Universidad Politécnica de Cartagena


# Martes, 17/07/2007


A Xefa de Arqueólogía Municipal impartiu unha conferencia sobre a posta en valor da Casa dos Mosaicos e o Museo de San Roque

A posta en valor do patrimonio arqueolóxico lucense forma parte do programa do curso de verán “La puesta en valor de los yacimientos arqueológicos en espacios urbanos de interés histórico” que organiza a Universidad Politécnica de Cartagena dentro do seu programa de Cursos de Verán.

A Xefa do Servizo de Arqueología Municipal, Covadonga Carreño, impartiu esta mañá ás 9:30 horas, unha conferencia baixo o título “El Patrimonio Arqueológico en Lugo: de la excavación a la puesta en valor. Estado de la cuestión” na que analizou as excavacións realizadas na cidade ao longo destas dúas décadas e a posta en valor do patrimonio descuberto.

A dirección do curso escolleu a Casa dos Mosaicos e o Museo de San Roque para exemplificar a conservación in situ dos restos arqueolóxicos en espazos urbanos. O traballo desenvolto polo Concello de Lugo en materia de musealización de xacementos arqueolóxicos foi analizado polos expertos e os estudantes de historia que participan no curso.

Esta actividade estase a desenvolver en Cartagena desde o pasado luns, día 16, e rematará o venres, día 20 de xullo. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova