Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Consellería de Cultura achegan a Lugo o Festival Cameralia


# Mércores, 18/07/2007
A cidade acollerá catro concertos entre o 25 e o 28 de xullo

Esta primeira edición percorrerá Galicia para achegar a música de cámara a todos os públicos

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o Delegado Provincial de Cultura, Xoan Xosé Molina, e o Director da Academia de Cameralia, Xaquín Meijide, presentaron esta mañá o programa de concertos do Festival Cameralia, que acollerá a cidade entre o 25 e o 28 de xullo. Esta iniciativa está financiada polo Concello de Lugo e a Consellería de Cultura e tamén conta coa colaboración do IGAEM na súa organización.

Esta novidosa iniciativa percorrerá toda Galicia para achegar os concertos de cámara a todos os públicos. O festival inicia a súa andaina o día 22 de xullo en Santiago de Compostela e visitará Pontevedra, Ourense, Ferrol, Lalín, Ribadeo e Moaña, ademais de Lugo.

A concelleira salientou o valor cultural destes proxectos que serven para difundir a música clásica entre a poboación e dar a coñecer os mellores intérpretes galegos. Concepción Burgo añadiu que “este programa entronca cos proxectos de promoción de concertos de cámara, que en Lugo contan cunha importante afección como amosa o éxito de público dos Festivais de Música Clásica Semana do Corpus”.

Cameralia ofrecerá na cidade un programa de catro concertos, que se celebrarán os días 25 e 26 de xullo, ás 21:30 horas, no Círculo das Artes; e o venres 27 e o sábado 28, tamén ás 21:30 horas, na Igrexa de San Pedro. Estes concertos son gratuítos e están abertos a todo o público.

Presenza dos mellores intérpretes

O cartel de concertistas do festival está composto polos mellores intérpretes de música de cámara do panorama mundial e, ademais, presenta aos froitos da Academia Internacional de Música de Cámara de Galiza.

O Ensemble da Fundación R. Groba deleitará ao público asistente cun repertorio de Beethoven, Rachmaninoff e R. Groba o día 25 de xullo no Círculo das Artes. Este escenario acollerá o día 26 o concerto de Ensemble Nayb e Alicia González Permuy, que tocarán pezas dos mestres Beethoven e Mozart.

A Igrexa de San Pedro será o marco da actuación do Quartet Alquimia o venres 27 de xullo, que interpretará obras de Mozart e Haydn; e do grupo Qvixote Quartet, que ofrecerá un repertorio de Haydn, Mozart e Toldrá.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova