Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo de teatro La Barraca presenta o espectáculo Entre bobos anda el juego


# Mércores, 18/07/2007
A representación da obra de Zorrilla terá lugar este venres na Praza de Anxo Fernández Gómez ás 22:30 horas

O grupo de teatro La Barraca, creado hai 75 anos por Federico García Lorca e recuperado na actualidade polo Ministerio de Cultura, representará en Lugo a obra de teatro Entre bobos anda el juego do dramaturgo Francisco de Rojas Zorrilla, enmarcada dentro do programa de actividades culturais Verán en Lugo, da Concellería de Cultura.

A representación é gratuíta e terá lugar este venres na Praza de Anxo Fernández Gómez ás 22:30 horas.

Hai 75 anos La Barraca estaba composta por un grupo de universitarios que empregaba as vacacións para levar as obras do Século de Ouro español a pobos e cidades necesitadas de actividades escénicas. Eran actores e actrices non profesionais que para García Lorca debían ser os que rexenerasen o teatro español.

La Barraca, baixo a dirección de García Lorca perviviu ata a Guerra Civil e nese tempo percorreu máis de media España cun camión e un autobús, levando consigo todo o decorado, iluminación e vestiario necesario para sair a escena.

Na actualidade, o Ministerio de Cultura, a través da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, recuperou este proxecto que agora viaxa por toda Galicia ata o 22 de xullo.


“Entre bobos anda el juego”
In Vitro Teatro, a Aula de Teatro da Universidade de Jaén, comezou a funcionar en outubro de 1998, formada por estudantes universitarios. Agora representa en Lugo, na Praza de Anxo Fernández Gómez, “Entre bobos anda el juego”.

É a comedia máis representativa de Francisco de Rojas Zorrilla. Ó longo do século XX só a obra “Del rey abajo ninguno”, puido competir con ela en número de representacións.

“Entre bobos anda el juego”, é unha comedia na que os amores e os desamores, os ciumes e as paixóns entre os protagonistas son a tónica da representación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova