Imprimir

O CONCELLO ORGANIZOU UNHA EXCURSIÓN A MARCELLE PARA UN GRUPO DE NENOS DE ETNIA XITANA


18/7/2007 A Concelleira de Muller e Servizos Sociais os acompañou nesta visita

A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou aos vinte rapaces do Poboado de Nazaret que gozaron esta mañá dunha visita guiada por este centro de ocio.

A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.