Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal prestou 18.000 obras máis que no 2004


# Mércores, 01/08/2007
Máis de 22.236 lucenses utilizaron os servizos que ofrece o centro nos primeiros meses do ano

Por cuarto ano consecutivo a Biblioteca Municipal aumentou o número de usuarios, tanto nas súas instalacións como dos servizos de préstamo a domicilio.  No primeiro semeste do 2007 pasaron polas salas 22.236 lucenses, 6.980 persoas máis que no 2004, cando se contabilizaron  15.256 usuarios.

En relación ao servizo de préstamo a domicilio, nestes primeiros meses do ano realizáronse un total de 25.358 préstamos, superando en máis de 18.000 aos 7.226 efectuados no 2004. Tamén aumentou a utilización do servizo de novas tecnoloxías, en uso dende o 2006, que superou en máis de 90 usuarios la media de 418 consultas ao mes que se contabilizaba o ano pasado.

Por outra banda, nestes seis meses sumáronse ao fondo bibliográfico un total de 1.651 libros. Das novas obras, 840 son libros para un público adulto e 811 están destinadas aos máis pequenos.  Os títulos en castelán máis solicitados por los adultos deste fondo son:
- “Crónica de una muerte anunciada”, de García Marquez
- “En tiempo de prodigios”, de Marta Rivera de la Cruz
- “La Conspiración”, de Dann Brown
- “Inés del alma mía”, de Isabel Allende
- “La fortuna de Matilda Turpin”, de Álvaro Pombo

Os máis demandados en galego son:
- “Os libros arden mal”, de Manuel Rivas
- “O club da calceta”, de María Reimondez
- “Follas novas”, de Rosalía de Castro
- “Ollos de auga”, de Domingo Vilar
- “Os últimos fuxidos”, de Xosé Fernández Ferreiro

“Diario de un campo de Barro” de Ricardo Gómez, en castelán,  e “A merla de trapo” de Antón Cortizas, en galego, son os libros infantiles máis retirados.

O catálogo da Biblioteca tamén incorporou nestes últimos meses un  total de 477 obras  audiovisuais, 342 DVD e 135 discos. Destes soportes os máis solicitados son a película de Pedro Almodóvar ”Volver”,  a infantil “Madagascar” e o documental  “Camino a Guantánamo”. No referente a música o último disco de Fito & Fitipaldi “Por la boca vive el pez” e “Oral Fixation” de Shakira son os cedés máis escoitados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova