Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíanse a sesenta as prazas para participar no III Concurso de Tapas de Lugo


# Martes, 07/08/2007
O certame que conta con vinte locais máis que o ano pasado, terá lugar a partir do 8 de setembro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou hoxe as bases do 3º Concurso de Tapas de Lugo tras a xuntanza mantida cos hosteleiros da cidade.  Nesta nova edición a organización quere chegar aos 60 establecimientos participantes, 20 máis que na convocatoria do 2006.

Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que terá un máximo de 30 participantes cada unha) e deberá elaborar unha tapa podendo ser tradicional ou creativa.  O prazo de inscripción será do 21 ao 31 de agosto ás 13:00 horas.

A Concelleira  de Cultura e Turismo destacou que “nesta edición os clientes terán unha mayor responsabilidade no concurso, xa que elixen os dous premios de votación popular, tapa creativa e tapa tradicional San Froilán, pero ademáis este ano elixen aos 30 semifinalistas que optarán a conseguir aos premios de votación polo xurado”.

Unha novidade da edición do 2007 será o Plano da Ruta do Tapeo que os clientes atoparán nos establecementos participantes  e contará con unha casilla por cada local inscrito no concurso. Aquelas persoas que consigan polo menos 12 selos dos establecementos entrarán nun sorteo de catro lotes de viño D.O. Ribera Sacra e unha fin de semana na cidade. A Concelleira de Turismo indicou que “esta iniciativa trata de fidelizar o público ao mayor número de locais posibles”.

As tapas deberán estar á disposición do público de 13:00 a 15:00 e 20:00 a 22:30 horas cun prezo entre os 50 céntimos e os 3 euros do 8 ao 23 de setembro. A selección de gañadores e final do concurso será o día 1 de outubro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova