Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As visitas teatralizadas O Encanto de Lugo intensifícanse durante a fin de semana e a festividade de agosto


# Domingo, 12/08/2007
Por mor do día da Nosa Señora haberá representacións extraordinarias o mércores

O programa de visitas teatralizadas O encanto de Lugo, a cidade transparente, incluídas no programa Verán en Lugo que  a Concellería de Cultura e Turismo está a ofrecer as fins de semana, terá tres pases extraordinarios o próximo mércores por mor da festividade de agosto.

O número de visitas teatralizadas á Muralla e ao centro histórico da cidade, que se realizarán ao longo desta fin de semana e o mércores que ven, ascende a un total de 11.

O horario será o seguinte:

- Venres: ás 19:00, 20:30 e 22:30 horas.
- Sábado: ás 13:00, 19:00, 20:30 e 22:30 horas
- Domingo: ás 13:00 horas
- Mércores: ás 11:30, 13:00 e 19:00 horas.

A partir do próximo venres día 17 de agosto as visitas volverán ao seu horario habitual- venres, sábados e domingos-.

Dende o inicio desta temporada pasaron un total de 287 persoas a coñecer a nova versión das visitas teatralizadas: hai novos personaxes, novos sons, novos bailes e o mestre de cerimonias é un polbo que sirve de fío conductor nas diferentes esceas. Parece que a chegada do mes de agosto e o bó tempo animou a lucenses e visitantes a disfrutar do espectáculo, incrementándose notablemente o número de asistentes a cada representación.

Esta edición do Encanto de Lugo, a cidade transparente prolongarase todas as fins de semana e festivos ata o 23 de setembro.

Pódese obter máis información e mercar as entradas na Oficina Municipal de Turismo, situada Praza da Constitución, s/n, teléfono: 982 297 347, nos hoteis da cidade, a través dalgúns touroperadores e na praza de Santa María 15 minutos antes do comezo das visitas. O prezo das entradas é de 3 € para os adultos e de 1,5 € para os cativos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova