Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca a terceira edición de Teateatre cun curso sobre o corpo da voz


# Martes, 14/08/2007
Esta acción formativa desenvolverase entre o 16 e o 19 de agosto na Aula de Teatro da USC

A terceira edición de Teateatre arrinca o vindeiro xoves, día 16 de agosto, co curso titulado “O corpo da Voz”, que se desenvolverá ata o 19 de agosto na Aula de Teatro e Danza da USC.

Nesta ocasión, Teateatre oferta tres cursos de formación actoral para profesionais e afeccionados. Este programa, elaborado polo Concello de Lugo en colaboración co Colexio Fingoi, Palimoco Teatro, Federación Galega de Teatro Afeccionado e a Consellería de Cultura, pretende servir de foro de encontro para actores e amateurs do teatro.

O director de escena e profesor de voz e linguaxe, Vicente Fuentes, impartirá este seminario, dedicando a quenda de mañá a traballar o corpo e a voz e a quenda de tarde á realización dun laboratorio de voz. Baixo o nome de “O corpo da voz” ten un custe de 180 euros, reducidos a 160 para os grupos especiais e terá lugar na Aula de Teatro da USC que se atopa na Facultade de Veterinaria.

O segundo dos cursos, “Estudo da presenza do actor. Construción da personaxe” será impartido pola actriz e profesora do Movemento e Dramaturxia do Movemento, Isabel Úbeda, entre os días 27 e 31 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas na Aula de Teatro e Danza da USC. A inscrición é de 180 euros, reducidos tamén para grupos federados a 160 euros.

Xa no mes de setembro, o actor Avelino González, transmitirá as súas habilidades no curso “Construción e manipulación de zancos” que se celebrará os días 10, 17, 24 e 29 na Aula de Tecnoloxía do Colexio Fingoi. A matrícula terá un custe de 90 euros e de 70 euros para os grupos federados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova