Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan os obradoiros de confección de traxes para o Arde Lucus


# Venres, 20/04/2007
Serán na Casa da Música todos os sábados pola mañá e os martes e xoves pola tarde

A Casa da Música acollerá este ano os obradoiros do Arde Lucus, organizados pola Concellería de Xuventude para a confección do vestiario para a festa do Arde Lucus, que este ano chega á súa sexta edición, e que se celebrará a fin de semana do 8 ao 10 de xuño.

Os obradoiros desenvolveranse os sábados entre as once e media e a unha e media da mañá e os martes e xoves pola tarde (entre as sete e as nove). A partir do 14 de maio o obradoiro intensificarase engadindo ao programa os luns, mércores e venres, co mesmo horario. O horario ampliarase de seis a nove a partir do 28 de maio e até rematar o taller.

Como en etapas anteriores, haberá dúas costureiras e unha monitora no transcurso destes talleres, que serán totalmente gratuítos e non necesitan inscrición previa.

Estes obradoiros contan todos os anos con numerosos participantes de todas as idades, que confeccionan os traxes que van levar durante os tres días de festa. De feito, o ano pasado pasaron por estes cursos unhas 2.200 persoas.

Máis información en www.ardelucus.lugo.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova