Imprimir

O CONCELLO PRESENTOU UN LIBRO COS RELATOS PREMIADOS NO IX CERTAME DE NARRACIÓN CURTA ÁNXEL FOLE


14/6/2007 O acto de presentación tivo lugar ás oito da tarde

O Alcalde en funcións, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura en funcións, Concepción Burgo, presentaron o libro que recolle os relatos premiados no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto de presentación tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Baixo o subtítulo de Contos do 2006, a publicación recolle os catro relatos gañadores, dous na categoría de galego e dous na de castelán. Ademais dos contos, este volume contén unha breve biografía dos autores, Xosé Luís Vázquez Somoza e Ramón Noche Fraga, da categoría de contos en galego, e Jaume Calatayud e Manuel Terrín Benavides, autores en castelán.

O libro foi acabado de imprimir o pasado 26 de abril de 2007 e na última páxina rememora a celebración do 161 aniversario do fusilamento dos Mártires de Carral, que acabou coas esperanzas revolucionarias do levantamento progresista que o Coronel Solís iniciou diante da Casa do Concello de Lugo.