Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 72,5% dos lucenses afirma ter a intención de vestirse de romano durante a festa do Arde Lucus


# Venres, 18/05/2007


Un total de 72,5% dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web manifestan ter a intención de vestirse de romano e romana durante as festas do Arde Lucus, que se celebrarán a fin de semana do 8 ao 10 de xuño.

Nesta enquisa participaron unhas 793 persoas, das que 163 (o 20,55%) afirman ter a intención de disfrazarse porque o fan todos os anos. Ademais, 412 (o 51,95%) di que pensa probar este ano por primeira vez.

Así mesmo, o 21,68% optarán por non disfrazarse de época mentres que o 5,8% afirma non estar decidido aínda.

A enquisa estivo activa dende o 2 de maio até esta mañá. Agora os que o desexen poderán participar no sondeo sobre o momento máis indicado para a compra de libros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova