Cargando....
Concello de Lugo
01/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un total de 25 establecementos da cidade recibirán o Distintivo de Calidade Turística este ano


# Martes, 19/06/2007


A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou os 25 establecementos da cidade que recibirán este ano o Distintivo de Calidade Turística que concede o Consello Técnico de Calidade Turística de Lugo.

Este consello está integrado pola Asociación Provincial de Hostalería, a CEL, a Cámara de Comercio e Industria de Lugo, CETUR, Turgalicia, a Federación Galega de Comercio, o obispado, o Inludes e a Dirección Xeral de Turismo; e está liderado polo Concello de Lugo. O pasado luns, día 18 de xuño, os representantes do consello mantiveron unha reunión na Casa Consistorial para avaliar a concesión dos distintivos correspondentes a esta terceira fase.

Os establecementos da capital que lucen este distintivo xa ascenden a 68, tras esta nova incorporación. Concepción Burgo manifestou que: “Estes 68 abandeirados da calidade turística son o reflexo do turismo de calidade polo que aposta o Concello”.

A Concelleira explicou que os propietarios dos negocios valoran moi positivamente a implantación do Manual de Boas Prácticas deseñado por este consello, pois “melloran notablemente a rendabilidade dos seus negocios, ademais de facilitar as negociacións cos proveedores e as relacións laborais do seu persoal”, tal e como sinalou a edil.

Estes distintivos, ademais de servir de referencia de compromiso de calidade aos turistas e aos clientes, establecen plans de formación para os empregados, sobre todo no campo dos idiomas, e de adecuación dos locais ás normas de accesibilidade para persoas con discapacidade. Neste eido, os negocios que máis dificultades atopan para adaptarse son os que están situados no centro histórico.

Entre os 25 establecementos distinguidos este ano figuran a Sala de Exposicións Porta Miñá e a Casa dos Mosaicos, que eran os servizos turísticos do Concello pendentes de recibir esta distinción. Nas vindeiras datas, terá lugar o acto de entrega dos diplomas na Casa Consistorial aos negocios beneficiados con Distintivo de Calidade Turística 2007, que son os que aparecen no seguinte listado:

Apartamentos Turísticos Ciudad de Lugo
Restaurante Curruncho A Nosa Terra
Restaurante Metbar
Restaurante Manuel Manuel
Lugo catering
Modesto Joyeros & Relojeros
Modesto Devozione
Modesto Básico
Darío, Pan de Taboada (3 establecementos)
Óptica Reina
Prelo (2 establecementos)
Centro Capilar F. Páez
Ajedrez
Pastelería Yomar
Mönet Peluquería
Xerigan Beer & Coffee
Café Bar Ave César
Cervecería La Estrella
Cafetería Bar O Pote
Vinoteca Casa D'Auga
Sala de Exposicións Casa dos Mosaicos
Sala de Exposicións Porta Miñá


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova