Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A sétima edición do certame de Pintura Rápida ao Aire Libre acada un gran éxito de participación


# Luns, 16/07/2007


O pasado domingo, día 15 de xullo, celebrouse a sétima edición do certame de Pintura Rápida ó Aire Libre que acadou un gran éxito de participación a pesar do mal tempo. Na categoría de adultos participaron un total de 62 artistas que chegaron de diversos puntos da xeografía española, como Madrid, Levante, País Vasco, Asturias ou Castilla La Mancha. Na categoría xuvenil, cinco mozos executaron a súa pintura ao aire libre.

Con respecto ao ano pasado, aumentou a asistencia de pintores en ambas categorías a pesar da choiva, pois, no 2006, na categoría de adultos participaron 42 e na de xuvenil 1.

A cotía dos premios ascendeu a 9.500 euros e repartíronse entre os seguintes gañadores:

Categoría de adultos:

- 1º Premio: Diego Fernández González (1.800 euros)
- 2º Premio: Florentino San Juan Velasco (1.300 euros)
- 3º Premio: José Antonio Regidor Martínez (1.000 euros)

Ademais, entregáronse sete accésits de 700 euros de premio cada un.

Categoría xuvenil:

- 1º Premio: Alejandro Sánchez Pena (bono de 700 euros para material artístico)
- 2º Premio: Ángela Fernández Veiga (bono de 600 euros para material artístico)
- 3º Premio: Eva Carballeira Rabuñal (bono de 400 euros para material artístico)

O xurado estivo composto por Juan Prada, pintor e representante da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses; Quique Bordell, pintor; e Marica Fernández, en representación da Escola de Arte Superior se Deseño Ramón Falcón.

As obras premiadas estarán expostas no Centro Social Uxío Novoneyra ata o vindeiro 31 de xullo nunha mostra gratuíta e aberta a todo o público. Todas as pinturas foron realizadas ao aire libre en distintos puntos do centro histórico da cidade, escollido libremente por cada artista.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova