Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PIT selecciona aos participantes no Concurso Nacional de Parques Infantís de Elche


# Venres, 23/03/2007
Será nas instalacións do parque de Frigsa o sábado ás once e media da mañá

O Parque Infantil de Tráfico acolle mañá, sábado, a selección de participantes no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, que se celebrará en Elche os días 11, 12 e 13 de maio.

Un total de 15 rapaces e rapazas na categoría de car e bicicleta e 10 na de ciclomotor pasarán o examen no que se escollerán a dous en cada categoría, que serán os que competirán en Elche.

A selección terá lugar ás once e media da mañá e nela participarán a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro; o Director Provincial de Tráfico, Julio Álvarez, e o Xefe do Parque Móbil, José Reigosa, ademais dos monitores.

Os adestramentos para esta competición terán lugar todos os sábados até a data da competición, tal e como veñen facendo dende novembro os preseleccionados.

O ano pasado, os rapaces de Lugo quedaron clasificados en segundo lugar na categoría de ciclomotor individual e en terceiro por equipos. En edicións anteriores, Lugo estivo situado entre os primeiros clasificados en varias ocasións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova