Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PIT inicia os cursos de ciclomotor para alumnos de Secundaria


# Luns, 26/03/2007
Escollidos os participantes no Campionato Nacional de Parques Infantís de Elche

Un total de 92 rapaces de 14 a 16 anos participarán dende o día 9 de abril nos tradicionais cursos de ciclomotor que organiza o Parque Infantil de Tráfico, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial.

Este ano os rapaces pertencen a sete centros de Lugo e o calendario coa formación dos grupos e os horarios pode consultarse nos taboleiros de anuncios dos centros, na web municipal ou no propio parque, chamando ao teléfono 982 20 63 39.

Os cursos se celebrarán todas as tardes, de seis a oito, agás os días de actividade escolar. Cada grupo terá un total de dúas semanas de formación en grupos que non superarán os 20 alumnos.

Como sempre, os cursos serán gratuítos, previa inscrición, que xa foi pechada, e as clases desenvolveranse nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa.


CONCURSO NACIONAL

O Parque Infantil de Tráfico acolleu o sábado a selección de participantes no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, que se celebrará en Elche os días 11, 12 e 13 de maio.

Un total de 15 rapaces e rapazas na categoría de car e bicicleta e 10 na de ciclomotor pasaron o examen no que se escolleron a dous en cada categoría e un suplemente, que serán os que competirán en Elche.

Resultaron seleccionados na categoría de ciclomotor:

1º.- Luisa Machado Sanmartín, do Nosa Señora dos Ollos Grandes
2º.- Diego Seijas López, do Sanxillado
Suplente.- Iago Vigo Rodríguez, do Divino Mestro

Na de kart e bicicleta:
1º.- Jennifer Cristina Vigo Rodríguez
2º.- Álvaro Filgueiras Basanta
Suplente.- Noelia Portela Gandoy.

Os adestramentos para esta competición terán lugar todos os sábados até a data da competición, tal e como veñen facendo dende novembro os preseleccionados.

O ano pasado, os rapaces de Lugo quedaron clasificados en segundo lugar na categoría de ciclomotor individual e en terceiro por equipos. En edicións anteriores, Lugo estivo situado entre os primeiros clasificados en varias ocasións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova