Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A alta participación no curso de Teateatre obriga a facer máis grupos de traballo


# Mércores, 22/08/2007
O curso, Estudo da personaxe, estaba previsto para as mañás

  A elevada solicitude de prazas no segundo curso de Teateatre: Estudo da personaxe, fixo que os seus organizadores tivesen que reprogramar as clases.

Para poder dar cobertura a todos os solicitantes, decidiron dividir ós alumnos en dous grupos que traballarán en quendas de mañá e de tarde e que terán novos horarios.

O primeiro grupo asistirá ás clases de 10:00 a 14:00 horas e o segundo terá horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

Mantense iso si, a localización, que segue a ser a Aula de Teatro e Danza da Universidade de Santiago –no Aulario da Facultade de Veterinaria de Lugo-.

Os participantes nestes cursos estudarán a presenza do actor, a construción da personaxe e o entrenamento físico e vogal.

Este curso, que comeza o día 27 de agosto e remata o 31, será impartido por Isabel Úbeda, integrante de Odin Teatre durante 10 anos, e na actualidade profesora de movemento corporal en varias Escolas de Arte Dramática.

Isabel Úbeda, participou en cursos de formación no Teatro da Abadía e na dirección da peza Círculo de Cinza para a compañía valenciana Ferroviaria.

Esta III edición do Teateatre realízase grazas á colaboración do Concello de Lugo, a Universidade de Santiago, a Xunta de Galicia, a Escola de Arte e Lecer de Fingoi e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). A súa coordenación está nas mans do grupo de teatro Palimoco.

O terceiro e último dos cursos, Contrución e manipulación de zancos, que terá lugar os días 10, 17, 24 e 29 de setembro aínda ten aberto o prazo de matrícula.

Para calquera información pódese consultar a web municipal: www.lugo.es ou falar cos organizadores da iniciativa: Paloma Lugilde: 649948266 e Alberte Vivero: 678797434   




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova