Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de tres mil turistas solicitaron información na Oficina Municipal de Turismo durante a semana da ponte de agosto


# Mércores, 22/08/2007


   O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información entre o 11 e o 19 deste mes. Durante a semana da ponte de agosto, o servizo de información turística municipal atendeu a un total de 3.513 persoas, cifra moi positiva tendo en conta que na primeira quincena de agosto de 2006 foron atendidos 3.649 turistas.

 Estes datos confirman que Lugo estase a convertir nun destino turístico de referencia nacional que conta cunha oferta de interese para os visitantes, que, ademais da Muralla, atopan monumentos, museos, gastronomía, tradicións e comercio. A oferta cultural ampliouse este ano coa apertura do Museo de San Roque, que xunto á Casa dos Mosaicos, da a coñecer o patrimonio arqueolóxico da cidade.   

 Respecto á procedencia dos visitantes:

• 342 proveñen de Galicia, sendo os coruñeses os máis numerosos con 144, seguidos dos pontevedreses, que suman 90.
• Do resto de España chegaron 2.569 turistas, principalmente de Cataluña, Madrid, Andalucía e Valencia.
• O número de turistas estranxeiros ascende a 602. Na súa maioría son europeos (438), principalmente de países como Italia, Francia, Alemaña e Portugal; e americanos (159), en especial dos Estados Unidos, Arxentina e Brasil.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova