Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os cursos de ciclomotor organizados polo PIT remataron cun 77% de aprobados


# Martes, 12/06/2007


O Parque Infantil de Tráfico, dependente da Concellería de Educación, rematou o pasado venres os cursos de ciclomotor que organiza dentro do seu programa de Educación Viaria.

Esta formación desenvólvese ao longo do curso escolar e ofrécese a todos os centros educativos da cidade. Neles participaron un total de 63 alumnos de distintos IES da cidade e 48 superaron con éxito as probas. Estes aprobados supoñen o 77% dos participantes.

O Parque Infantil de Tráfico continúa nos meses de verán cun programa especial de cursos estivais. Precisamente o prazo para inscribirse nos de ciclomotor permanecerá aberto entre o 11 e o 20 de xullo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova