Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurada a XI Edición dos Cursos de Verán do Parque Infantil de Tráfico


# Venres, 27/07/2007
Contaron cunha participación de máis de cen rapaces de entre 8 e 16 anos de idade

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, clausurou a XI Edición dos Cursos de Verán do Parque Infantil de Tráfico. A edil estivo acompañada polo Director do PIT, José Reigosa, o Director Provincial de Tráfico, Julio González Díez, o representante de Mapfre, Rafael López, e a Coordinadora de Educación Viaria do PIT, Sara Fuenteseca.

A edil destacou a importancia deste tipo de iniciativas para educar aos rapaces en boas prácticas viarias e animounos a levar a cabo todo o aprendido.

No acto, os rapaces participantes recibiron un diploma acreditativo e unha camiseta do PIT. Os cursos desenvolvéronse nas instalacións do parque entre o 2 e o 27 de xullo e contaron cunha participación de 120 rapaces de entre 8 e 16 anos de idade.

Os cursos de kart e bicicleta estiveron dirixidos a nenos de entre 8 e 13 anos de idade e neles matriculáronse un total de cen nenos. No curso de ciclomotor admitíronse 22 mozos de 14 a 16 anos de idade, dos cales 6 xa contaban co permiso de circulación para ciclomotores e outros 16 superaron a proba teórica, polo que recibiron como agasallo un casco de protección.

Entre os asistentes, foron preseleccionados 14 alumnos dos cursos de carts e bici e 7 do curso de ciclomotor para que participen nos adestramentos de preparación para competir no Concurso Nacional de Educación Viaria. O adestramento realizarase entre os meses de xaneiro e marzo de 2008.

O Parque Infantil de Tráfico pechou o programa de actividades deste curso cun balance de participación de máis de 2.000 rapaces de entre 8 e 16 anos. Neste ciclo formativo participaron tanto centros educativos de Primaria e Secundaria e colexios privados e concertados da cidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova