Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O prazo de inscripción do III Concurso de Tapas de Lugo remata o venres 31 de agosto


# Martes, 28/08/2007
O certame terá lugar entre o 8 e o 23 de setembro

O vindeiro venres 31 de agosto ás 13:00 horas remata o prazo para inscribirse no 3º Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.

Este ano haberá un total de 60 establecementos participantes, que deberán elixir entre dúas modalidades de participación: tapa tradicional ou tapa creativa, habendo un máximo de 30 participantes en cada unha destas modalidades.

Establécense dous premios de votación popular: a tapa creativa San Froilán e a tapa tradicional San Froilán, que decidirá o público que visite o establecemento e vote vía internet accedendo á páxina web www.lugo.es ou a través dos cupóns de votación que deixará nas urnas situadas nos establecementos participantes. Tamén haberá catro premios de votación polo xurado: 1º premio de tapa creativa, 2º premio de tapa creativa, 1º premio de tapa tradicional e 2º premio de tapa tradicional. Estes gañadores serán elixidos por un experto xurado designado pola Concellería de Cultura e Turismo.

O concurso realizarase entre os días 8 e 23 de setembro, durante este período os establecementos terán á disposición do público a tapa coa que participan dende as 13:00 ata as 15:30 horas e dende as 20:00 ata as 22:30 horas, a un prezo comprendido entre 50 céntimos e 3 euros.

Os establecementos que o desexen poderán recibir máis información sobre o concurso e inscribirse no teléfono 982 18 00 20.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova