Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Varios artistas lucenses presentan propostas para achegar o mar a Lugo coa creación do "Manifiesto Piantao"


# Mércores, 29/08/2007
Este sábado, día 1 de setembro, a partir das 23:00 horas a Praza de Anxo Fernández Gómez, acollerá esta presentación

   Un grupo de artistas lucenses integrado por artistas plásticos, fotógrafos, músicos, poetas e monologuistas presentarán este sábado, día 1 de setembro, o "Manifiesto Piantao", que recolle unhas propostas fantásticas para achegar o mar a Lugo.

 O Concello de Lugo colabora na organización desta iniciativa que está encadrada no programa de actividades culturais Verán en Lugo. A Praza de Anxo Fernández Gómez acollerá a partir das 23:00 horas esta presentación, que está aberta a todos os públicos de xeito gratuíto.

 Máis de vinte creadores -entre os que figuran os integrantes do Colectivo Bacabú (Quique Bordell, Santiago Catalán, Germán Refojo, Jorge Espiral e Osorio), músicos como Kimuru, Orquestra Subacuática de Caracolas, Ariel Campoy ou Chiruca e un colectivo de arquitectos-, deseñaron diferentes propostas para trasvasar o mar desde a ría de Masma en Foz ata Lugo.

 A presentación do Manifesto Piantao realizarase nun acto caracterizado por un ritmo dinámico e a mestura de distintas artes, como a música, a pintura, a fotografía ou a videocreación. As ideas que propoñen estes creadores consisten en facer do recinto amurallado unha illa rodeada de mar ou, como alternativa, crear unha inmensa piscina dentro da muralla.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova