Imprimir

AVISO CARREIRA NOCTURA DE REIS CORRE


8/1/2007

Comunicamos dende a organización do CCNOS que para tentar manter o mínimo nivel organizativo tanto de cara ós atletas xa inscritos, coma para aqueles que se poideran querer inscribir de cara a esta carreira, faremos unha modificación no regulamento e non deixaremos inscribir a ningún adulto no día da carreira nin presencial nin por internet posto que está prevista unha numerosísima participación, que no caso de ter que facer novas inscricións ese mesmo día podería alterar considerablemente os horarios das carreirasasí como o discurrir normal do sistema organizativo, polo tanto para os que xa estades inscritos e corréstedes a 1ª carreira só tedes que chegar a liña de saída e poñervos de correr, os que esteades inscritos pero non recolléstedes o voso dorsal e o voso chip na primeira carreira tedes ata 1h antes da 1ª carreira dos rapaces (19:00h saída da categoría A ) e os que queirades inscribiros para o circuito teredes ata o Mércores 10 para facelo. Gracias

HORARIOS PREVISTOS PARA AS CARREIRAS:
1ª CARREIRA CATEG A: 19:00 h
2ª CARREIRA CATEG. B : 19:10 h
3ª CARREIRA CATEG C-D : 19:25 h
CARREIRA DE ADULTOS : 19:40 h

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DOS PREINSCRITOS DE 17:30 ás 18:30.