Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A maxia inundará o centro de Lugo da man do Mago Rafa


# Xoves, 30/08/2007


A Concellería de Cultura e Turismo segue celebrando diversas actividades culturais cumplindo co seu programa Verán en Lugo. Mañá venres,  a función do Mago Rafa pechará os eventos do mes de agosto na última Noite de Maxia do verán.

O público que asista a partir das 22:30 horas á Praza de Anxo Fernández Gómez, poderá disfrutar do seu novo espectáculo: El arte de lo imposible. Durante algo máis dunha hora, o Mago Rafa sorprenderá coa mezcla de diferentes estilos de maxia. Para os amantes das emocións fortes realizará un número de escapismo moi arriscado. Os máis tranquilos poderán disfrutar da súa maxia de cerca que, para evitar problemas de visión ós que estén máis lonxe do escenario, serán retransmitidos por unha pantalla situada nun lugar estratéxico da praza.

As actividades do programa Verán en Lugo continuarán ó longo do mes de setembro con demostracións de oficios tradicionais, música, gastronomía, cine e ciencia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova