Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 16.300 persoas foron atendidas este verán na Oficina de Turismo Municipal


# Luns, 03/09/2007
Italianos, franceses e arxentinos son os foráneos que máis visitaron a cidade entre xuño e agosto

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance das visitas de turistas á cidade nos meses de verán. A Concelleira indicou que entre xuño e agosto, un total de 16.345 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo para solicitar información. Esta cifra supón un incremento dun 13% respecto ó verán do ano pasado, superando en 1.548 visitas ó mes de agosto do 2006. Burgo afirmou que “estas son cifras que indican a consolidación da cidade como destino turístico a pesar de que, en ocasións, a climatoloxía non axude como pasou este ano”.

Un total de 3.047 das persoas que acudiron a Oficina de Turismo do Concello procedían do estranxeiro. Os foráneos que máis visitaron a cidade foron os italianos, seguidos polos franceses e os arxentinos.

Do resto de España foron os catalanes e os madrileños os turistas máis numerosos, seguindo coa tónica dos pasados anos.

Os museos da cidade recibiron tamén numerosas visitas. O Centro arqueolóxico de San Roque tivo nos meses de verán un total de 758 visitantes; a Casa dos Mosaicos 6.995 e a Sala de Exposicións Porta Miñá 1.368.

Verán en Lugo

A Concelleira tamén indicou que dende o comezo desta tempada das visitas teatralizadas, O encanto de Lugo, a cidade transparente, máis de 1.500 persoas pasaron a coñecer ós personaxes da historia encadrada na muralla e no centro histórico. Concepción Burgo cree que “chegaremos a unha cifra moito maior xa que teremos visitas teatralizadas ata o 23 de agosto”.

O resto de actividades organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo dentro do programa Verán en Lugo, tiveron o mesmo éxito dende o seu inicio, tanto as demostracións dos oficios tradicionais que conforman Os Vellos Oficios Vivos na Praza Maior, como as actuacións de maxia e música as fines de semana na Praza de Anxo Fernández Gómez.

Algúns concertos para San Froilán

A Concelleira tamén aproveitou para anunciar algúns dos artistas que actuarán durante as festas deste San Froilán 2007:

- Albert Pla o 10 de outubro
- El Sueño de Morfeo o 10 de outubro
- Orishas o 11 de outubro
- Mercedes Peón o 12 de outubro


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova