Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo achega ós rapaces a ciencia nas rúas da cidade


# Mércores, 05/09/2007
A Concellería de Cultura e Turismo instalará tres mesas laboratorio na Praza do Campo Castelo

A Concellería de Cultura e Turismo preparou para este venres 7 de setembro, dentro do programa Verán en Lugo, unha original actividade dirixida ós máis cativos: A rúa da Ciencia Divertida.

Neste espectáculo formativo os rapaces coñecerán da man de tres científicos tolos algúns dos secretos da ciencia mellor gardados: de qué está feita a materia, cómo transformar corpos sólidos ou líquidos a gas e, incluso, fabricaran un viscoso elemento coñecido como “flubber”.

A Praza do Campo Castelo acollerá a partir das seis da tarde as tres mesas polas que os nenos poden pasar para completar este circuito co que disfrutarán mentras se inician no saber científico.

É a segunda vez que o Concello organiza este obradoiro formativo para os cativos. Durante as festas de San Froilán do ano pasado realizouse a mesma actividade, ainda que con otros contidos, e os rapaces de Lugo interesáronse moito polos experimentos científicos, tal y como se puido apreciar pola alta participación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova