Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

35 establecementos participarán no III Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo


# Xoves, 06/09/2007
O certame se celebrará do 8 ó 28 de setembro e a selección de gañadores será o 1 de outubro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que o número total de participantes no 3º Concurso de Tapas de Lugo organizado pola súa Concellería ascende a 35, 5 máis que na edición do 2006. Destos establecementos, 19 participarán na modalidade de tapa creativa e 16 na modalidade de tapa tradicional.

A Concelleira explicou que "en lugar de 30 participantes en cada modalidade de participación,como se tiña previsto, haberá 19 e 16 respectivamente, polo que hai que modificar as bases do concurso".

Será o público quen decida os dous premios de votación popular (Tapa creativa San Froilán e Tapa tradicional San Froilán), pero non decidirá quen pasa á seguinte fase do concurso como se establecía nas bases iniciais. Esta decisión quedará nas mans do xurado de expertos designado pola Concellería de Cultura e Turismo.

O xoves 27 e o venres 28 de setembro cando o xurado seleccione as 8 tapas que pasan á final do concurso. O primeiro día votará as 19 tapas da modalidade creativa e o segundo día votará as 16 tapas da modalidade tradicional no Gran Hotel de Lugo.

A selección de gañadores producirase o 1 de outubro. Nesta data o xurado de expertos percorrerá os 8 establecementos finalistas para elixir os 4 gañadores do concurso:

- 1º premio de tapa creativa
- 2º premio de tapa creativa
- 1º premio de tapa tradicional
- 2º premio de tapa tradicional

A Concelleira explicou que a entrega de premios terá lugar nas festas de San Froilán para poñer en valor a gastronomía da cidade. Burgo indicou que "este concurso estase convertendo nunca referencia da gastronomía lucense pero tamén galega". Este certame é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poner en valor a cociña da cidade.

Participación do público
Como novidade, este ano o público terá dúas formas de participar no concurso:

1.- Elixindo cos seus votos os premios de votación popular, para o que votará vía Internet accedendo á páxina web www.lugo.es ou a través dos cupóns que se inxerirán nas urnas situadas nos establecementos participantes. Entre tódo os cupóns depositados nas urnas e votos recibidos por Internet sortearase unha cesta de produtos típicos da gastronomía lucense.

2.- Participando na ruta do tapeo este ano os consumidores das tapas atoparán nos establecementos o plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá un recadro por cada establecemento participante. O cliente que consiga polo menos 12 recadros selados dos diferentes establecementos participará no sorteo dos seguintes agasallos:

- Catro lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra, por cortesía da D.O Ribeira Sacra.
- Catro fins de semana en Lugo no Hotel Husa Puerta de San Pedro de Lugo por cortesía de Husa Hoteles.

Empresarios de Hostalería
A Concelleira estivo acompañada no acto polo Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Francisco Real, que agradeceu "a organización por parte do Concello deste concurso que tanto promociona a nosa gastronomía".

Real destacou a oferta tan diversificada dos establecementos que se presentan, así como a súa ubicación "non só no centro senon que haberá participantes noutras zonas da cidade"


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova