Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha mostra de fiadeiras, tecedeiras e cantareiras despiden os Vellos Oficios Vivos do programa Verán en Lugo


# Venres, 07/09/2007
Terá lugar este sábado, 8 de setembro, no fondo dos soportais da Praza Maior

As mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais Verán en Lugo elaborado pola Concellería de Cultura e Turismo despídense este sábado, día 8 de setembro, coa demostración dos traballos dun grupo de fiadeiras e tecedeiras, que estarán acompañadas por un conxunto de cantareiras.

Esta actividade desenvolverase, como veu sendo habitual ao longo destes meses estivais, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:30 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 21:00 horas pola tarde. As fiadeiras Carmen Rodríguez (tear), Pilar Vázquez Rodríguez (tear fleques), Víctor (mazorgueiro canillas), Amable (fiar na roca), Delfina (cardar a la), Amparo Dacal Frei (devanadora) amosarán o seu arte para fiar e tecer.

Un total de 37 artesáns amosaron aos lucenses e aos turistas os seus distintos oficios, dos que son herdeiros e manteñen vivos seguindo as tradicións ancestrais.

Esta actividade foi concebida para dar difundir e promocionar os sistemas de traballo seculares que empregan estes artesáns para elaborar os seus produtos. Durantes os sábados dos meses de xullo e agosto exhibiron a súa destreza silleiros, palilleiras, ferreiros, zoqueiros, oleiros… todos representantes dun estilo de traballar que sobreviviu á Revolución Industrial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova