Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un curso de construción e manipulación de zancos pecha a terceira edición de Teateatre


# Venres, 07/09/2007


curso de Construción e Manipulación de Zancos pecha a terceira edición de Teateatre, que este ano oferta tres cursos de formación actoral para profesionais e afeccionados. Este programa, elaborado polo Concello de Lugo en colaboración co Colexio Fingoi, Palimoco Teatro e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, pretende servir de foro de encontro para actores e amateurs do teatro.

Esta última acción formativa comeza o vindeiro luns, 10 de setembro, e rematará o día 29. O actor Avelino González, transmitirá as súas habilidades para a “Construción e manipulación de zancos” .

As clases impartiranse os días 10, 17, 24 e 29 na Aula de Tecnoloxía do Colexio Fingoi. A matrícula terá un custe de 90 euros e de 70 euros para os grupos federados.

Para rematalo, os participantes dos tres cursos de zancos do Teateatre participarán nesta última clase práctica que se impartirá na Praza de Santa María, de xeito que o público poderá contemplar a destreza destes zancudos.
O primeiro dos seminarios de Teateatre celebrouse entre o 16 e 19 de agosto, baixo o nome de “O corpo da voz” e Vicente Fuentes transmitiu os seus coñecementos sobre o manexo da voz.

O segundo dos cursos, “Estudo da presenza do actor. Construción da personaxe” foi impartido pola actriz e profesora de Dramaturxia do Movemento, Isabel Úbeda, entre os días 27 e 31 de agosto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova