Imprimir

MARTA RIVERA PROPOSTA COMO PREGOEIRA DO SAN FROILÁN 2007


10/9/2007 A Concelleira de Cultura e Turismo anunciou as decisións tomadas pola Comisión de Festas

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou oficialmente que se propondrá á escritora lucense Marta Rivera de la Cruz para ser a pregoeira das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura da finalista do Premio Planeta foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Rivera

Burgo tamén anunciou que a Comisión de Festas decidiu que a apertura simbólica das portas da Muralla fora feita este ano polos colexios profesionais da cidade. A Concelleira indicou que “ó ser 26 os colexios que hai en Lugo, a Comisión decidiu facer un sorteo por sectores profesionais para darlles a todos a mesma oportunidade e que todos poidan estar representados”. Así os seguintes colexios profesionais da cidade serán os encargados da apertura das portas durante os días de festa:


- Colexio de secretarios e interventores da Administración Local.
- Colexio de procuradores.
- Colexio de ópticos.
- Colexio de médicos.
- Colexio de enfermería.
- Colexio de enxeñeiros de minas.
- Colexio de enxeñeiros técnicos de minas.
- Colexio de enxeñeiros de caminos.
- Colexio de xestores administrativos.
- Colexio de axentes de propiedade inmobiliaria.
- Colexio de delineantes.

En canto a ofrenda a Rosalía de Castro, que como cada ano será o Domingo das Mozas, a Comisión acordou que sería Pilocha, a cantante viguesa afincada en Lugo, a encargada de facela.