O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu un ano máis a presentación da XXIX edición da Semana Internacional de Cine de Autor, organizada pola agrupación fotocinematográfica Fonmiñá.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco quixo destacar a importancia deste certame no que se unen claramente esforzos para traballar conxuntamente. "A unión fai a forza e neste caso a unión das distintas institucións e entidades fará posible que un ano máis teñamos Semana de Cine". O Alcalde amosou de novo a súa total disposición para que Lugo acolla a XXX Semana Internacional de Cine de Autor no ano 2008.
Nesta edición proxectanse máis de 60 películas dende o sábado 15 de setembro ata o día 22, repartidas en varios ciclos e en varias ubicacións, como son o Auditorio Municipal Gustavo Freire, a sala de Caixa Galicia e a Biblioteca Provincial.
Este ano dedícase a mostra a Frank Braña e a Asturias, onde naceu o intérprete. Francisco Braña Pérez naceu en Pola de Allende, pero sendo moi cativo marchou coa súa familia a vivir a Folgosa en Grandas de Salime. A Semana do Cine dedica á súa figura tres das dez seccións do certame. Será entre os días 16 e 21 de setembro e nelas proxectaranse 16 filmes protagonizados por Braña ou relacionados con Asturias.
Tamén será homenaxeado o actor e director madrileño Romero Marchent, ó que se lle dedica unha sección do certame.
Este ano a Semana do Cine inclúe: