Lugo acollerá a presentación en Galicia do estudio antropométrico realizado polo Ministerio de Sanidad
# Venres, 02/11/2007
Esta iniciativa busca unificar as tallas nas prendas de vestir
Lugo acollerá a presentación en Galicia do estudio antropométrico que realiza o Ministerio de Sanidad para unificar as tallas das prendas de vestir.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Directora Xeral de Consumo e Atención ao Ciudadano, Ángeles Heras, asistirán ao acto que terá lugar este luns, 5 de novembro, ás 11:30 horas no Palacio de Feiras e Congresos.
O ministerio instalará no Palacio de Feiras e Congresos unha cabina provista dun escáner de raio láser para realizar ata o 11 de novembro as medicións corporais de 128 mulleres de entre 12 e 70 anos de idade.
Compartir: