Imprimir

OS ALMORZOS SAUDABLES REMATAN ESTE VENRES A SÚA CUARTA EDICIÓN


8/3/2007

A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata este venres coa visita ao último colexio inscrito neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render no colexio.

O colexio de As Josefinas acolle este venres a derradeira sesión desta edición cun almorzo saudable a 105 alumnos.

Nesta tempada dos almorzos saudables participan un total de 1.964 rapazas e rapaces de 6 a 8 anos cun programa que se desenvolverá en todos os colexios da cidade.

O programa segue a mesma dinámica que en edicións anteriores, aínda que como novidade o cacao que se reparte é das tendas de comercio xusto. De feito, unha persoa desta asociación participa no programa explicando aos rapaces a procedencia deste cacao e o funcionamento destas tendas.

Como en anos anteriores, os rapaces reciben de agasallos lápices e bolígrafos do programa, así como un CD con xogos para poder velo na súa casa cos pais e nos que a mascota do programa, Cunkin, lembra a necesidade de almorzar antes de ir ao colexio.