Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Ministra de Sanidade desprazouse a Lugo para coñecer personalmente o programa de almorzos saudables do Concello


# Martes, 30/01/2007
Elena Salgado compartiu toda a mañá co Alcalde e os escolares da cidade

A Ministra de Sanidade, Elena Salgado, almorzou hoxe co Alcalde de Lugo, as Conselleiras de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia e con 100 escolares de entre 6 e 8 anos no colexio Rosalía de Castro de Lugo. O seu obxectivo era coñecer personalmente o programa de Almorzos Saudables que puxo en marcha o Concello de Lugo hai xa catro anos coa fin de acadar unha maior concienciación sobre a correcta alimentación.

Salgado, o Alcalde e as Conselleiras compartiron a xornada cos pequenos sentados ó seu carón. Almorzaron, escoitáronos, preguntáronlles os seus costumes de alimentación... mesmo seguiron com atención as explicacións da técnica municipal que ofrece en todos os colexios sobre os beneficios dun almorzo saudable que inclúa un lácteo, froita, cereais e mel ou cacao. O Alcalde fixo un trato cos pequenos para que comesen mellor de agora en diante e se portasen ben.
A Ministra, subraiou a iniciativa do Concello de Lugo, moi novidosa en España, e destacou que "un buen desayuno tiene mucho que ver con la prevención de la obesidad y el sobrepeso y sirve para evitar la ingesta de alimentos calóricos a media mañana". Salgado explicou que desde o Ministerio preténdese impulsar este tipo de iniciativas, aínda que lle corresponden a outras institucións a súa posta en marcha.

Paseo pola Muralla
Despois do almorzo, a Ministra, o Alcalde e a Conselleira de Sanidade percorreron un treito da Muralla con escolares do colexio Quiroga Ballesteros. A continuación, saltándose o protocolo previsto, a Ministra correu cos pequenos polas rúas peonís da cidade ata chegar ó Colexio. Alí a comitiva visitou as instalacións e os nenos explicaron á Ministra, Porta por Porta, o significado das entradas á Muralla e a súa importancia como Patrimonio da Humanidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova