Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A presentación da película Las alas de la vida abre a XXIX Semana Internacional de Cine de Autor


# Venres, 14/09/2007


A XXIX Semana Internacional de Cine de Autor abre esta nova edición coa presentación da película "Las alas de la vida". Esta sábado, día 15, arrinca este festival cinematográfico coa roda de prensa que ofrecerá o director do filme, Antoni P. Canet ás 18:00 horas no Gran Hotel de Lugo.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a gala de inauguración coa proxección desta película a partir das 20:00 horas. O director presentará o seu traballo e contará co acompañamento da cantante Pilocha, que interpretará os temas da banda sonora.

Esta longametraxe documental recibiu o Primer Premio Mejor Documental na 51ª Semana Internacional de Cine de Valladolid. O filme está basado na vida do médico galego Carlos Cristos que sofre a enfermidade de A.S.M. (atrofia sistémica múltiple), un mal neurodexenerativo, invalidante e mortal.

A entrada é gratuíta e pódense retirar as invitacións na caseta de venda de entradas situada na Praza Maior.

O cartel desta edición comprende máis de 60 películas repartidas en varios ciclos temáticos que abordan temas como a igualdade, o Xacobeo ou estreas destacadas deste ano. As proxeccións realizaranse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia e na Biblioteca Provincial.

Este ano, a mostra está dedicada a Frank Braña e a Asturias, onde naceu o intérprete. Francisco Braña Pérez naceu en Pola de Allende, pero sendo moi cativo marchou coa súa familia a vivir a Folgosa en Grandas de Salime. A Semana do Cine dedica á súa figura tres das dez seccións do certame. Será entre os días 16 e 21 de setembro e nelas proxectaranse 16 filmes protagonizados por Braña ou relacionados con Asturias.

Tamén será homenaxeado o actor e director madrileño Romero Marchent, ao que se lle dedica unha sección do certame.


Seccións da Semana Internacional de Cine
Este ano a Semana do Cine inclúe:

- Sección Romero Marchent, que terá lugar o día 17 ás 18:00 e ás 20:00 horas e o día 18 ás 20:00 horas na Sala de Caixa Galicia.

- Ciclo Xacobeo, que será o día 19, 20 e 21 ás 18:00 horas en Caixa Galicia.
- Ciclo Igualdade, no Auditorio o día 16 ás 18:00, 20:00, 20:15, 22:00 e 22:15 horas.
- Asturias Onte e Asturias Hoxe: na Biblioteca Provincial entre os días 17 e 21 de setembro.
- Sección Infantil do 17 ó 22 ás 18:00 horas no Auditorio.
- Sección Colleita do ano: do 17 ó 22 ás 20:30 horas no Auditorio.
- Sección Oficial, dende o día 17 ó 22 ás 22:45 no Auditorio.

O día 15 ás 20:00 horas será a gala de inauguración coa proxección da película Las alas de la vida.

O ciclo darase por concluído o sábado día 22 ás 22:45 coa proxección do filme mexicano El Violín dirixido por Francisco Vargas.

O prezo das entradas oscilará entre os 2 e os 4,50 euros, aínda que moitos dos filmes terán a entrada gratuíta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova