Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro Social Municipal de Fingoi acolle a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo


# Venres, 14/09/2007
Alcalde de Lugo recibirá ós membros do grupo portugués Gamusinos no Concello

O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo. Nenos e maiores poderán disfrutar gratuitamente desta versión do conto Os tres cabelos do demo dos hermanos Grimm, nas dúas sesións que terán lugar hoxe e mañá ás 20:30 horas.

A actuación deste grupo de teatro portugués débese ó intercambio que realizan coa agrupación lucense Achádego, e que recibe a subvención do Concello de Lugo e a Consellería de Vicepresidencia, de Igualdade e do Benestar Social.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá ós 20 membros que componen Gamusinos ás 11.30 horas de mañá sábado no Concello.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova