Imprimir

O CENTRO SOCIAL MUNICIPAL DE FINGOI ACOLLE A OBRA DE TEATRO VIAXE Á PEOR FIN DO MUNDO


14/9/2007 Alcalde de Lugo recibirá ós membros do grupo portugués Gamusinos no Concello

O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo. Nenos e maiores poderán disfrutar gratuitamente desta versión do conto Os tres cabelos do demo dos hermanos Grimm, nas dúas sesións que terán lugar hoxe e mañá ás 20:30 horas.

A actuación deste grupo de teatro portugués débese ó intercambio que realizan coa agrupación lucense Achádego, e que recibe a subvención do Concello de Lugo e a Consellería de Vicepresidencia, de Igualdade e do Benestar Social.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá ós 20 membros que componen Gamusinos ás 11.30 horas de mañá sábado no Concello.