Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O martes ábrese o prazo para inscribirse no III Concurso de Tapas do Concello de Lugo


# Domingo, 19/08/2007
O certame, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, está aberto a todos os establecementos de hostelería de Lugo

O martes 21 de agosto ábrese o prazo para inscribirse no III Concurso de Tapas de Lugo no que poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal. A edición deste ano, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, terá lugar do 8 ó 23 de setembro.

Cada establecemento participante deberá elaborar unha tapa, podendo ser tradicional ou creativa (haberá un máximo de 30 participantes para cada unha destas categorías). Existen dúas modalidades de concurso: a tapa popular, decidida polo público que visite o establecemento, e a tapa do xurado, designado pola organización e a Concellería de Cultura e Turismo. Dentro de cada categoría haberá á súa vez as dúas subcategorías: creativa e tradicional.

No período de concurso os establecementos participantes deberán por á disposición do público a tapa coa que participan a un prezo entre os 0,50 e os 3 euros.

Os establecementos que o desexen poderán inscribirse ata as 13:00 horas do 31 de agosto nos números de teléfono: 982 18 00 20/ 676 49 72 98, no Fax: 982 18 00 21, ou vía e-mail: ignacio.crecentearrobagesticultura.com


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova