Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo promove un programa de animación á lectura e contacontos


# Xoves, 11/10/2007
A iniciativa trata de impulsar a utilización da Biblioteca Municipal por parte dos máis cativos

No mes de marzo o Concello de Lugo presentou un ambicioso programa de animación á lectura para os máis pequenos na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura e Turismo,Concepción Burgo, presentou unha nova fase da iniciativa que se porá en marcha a partir do 18 de outubro e que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. As sesións terán lugar todos os xoves, agás festivos, as 19:00 horas.

Con este programa trátase de impulsar a utilización da Biblioteca por parte dos máis cativos e cumplir así cos compromisos do Goberno Local para que se converta nun centro cultural de referencia. Burgo explicou que “é unha maneira de achegar a cultura ós máis pequenos”.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla numerosas actividades entre o 18 de outubro e o 13 de decembro nas que contacontos achegarán ós rapaces ó mundo da fantasía.

A Concelleira indicou que “na primeira fase do programa máis de 700 nenas e nenos asistiron as actividades programadas dende o Goberno Local”.

Balance da Biblioteca

Concepción Burgo manifestou a súa satisfacción polo aumento, por cuarto ano consecutivo, do número de usuarios, tanto nas súas instalacións como dos servizos de préstamo a domicilio.

No primeiro semestre, pasaron pola salas 22.236 lucenses, e cun servizo de préstamo a domicilio que desde o ano 2004 ó 2007, pasou de 7.226 a 25.358.

Tamén aumentou a utilización dos servizos de novas tecnoloxías, en uso dende o 2006, que superou en máis de 90 usuarios a media de 418 consultas ó mes que se contabilizaba o ano pasado.

Por outra banda, nestes 6 meses sumáronse ó fondo bibliográfico un total de 1.651 libros, deles 840 para adultos e 811 para nenos.

Os libros máis solicitados nos seis primeiros meses do ano foron:
- Crónica de una muerte anunciada, Gabriel García Márquez
- En tiempo de prodigios de Marta Rivera de la Cruz
- Os libros arden mal de Manuel Rivas
- O club da calceta, de María Reimondez.

Entre os libros infantiles:

- Diario de un campo de barro de Ricardo Gómez
- A merla de trapo de Antón Cortizas.

Mercáronse, ademais, 447 obras audiovisuais (342 DVD e 135 CD), formatos que cada vez son máis demandados entre os usuarios da Biblioteca Municipal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova