Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

El chico de la última fila chega ás táboas do Auditorio Gustavo Freire


# Venres, 19/10/2007
Será o sábado 20 de outubro a partir das 20:30 horas

A lectura dos deberes dun dos seus alumnos transformará a vida dun mestre de 55 anos desencantado coa su vida e traballo, devolveranlle a ilusión polos sonos perdidos e reavivarán nel vellas frustracións. A partir deste momento comezará un intenso vínculo entre profesor e alumno. Con este argumento chega ó escenario do Auditorio Gustavo Freire El chico de la última fila.

Os lucenses poderán disfrutar desta representación o sábado día 20 de outubro a partir das 20:30 horas gracias ó convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e o Instituto Galego Escénico e Musical (INGAEM). A obra é a primeira das previstas na programación acordada entre a Concellería de Cultura e o INGAEM para o último trimestre do ano.

A obra de Juan Mayorga está dirixida por Helena Pimenta, Premio Nacional de Teatro 1993 e Premios da Asociación de Directores de Escena á Mellor Dirección en 1996, Premio do xurado e da crítica ó mellor espectáculo do Festival Internacional de El Cairo e Premio Lazarillo 2002 á mellor traxectoria teatral.

A entradas poderán adquirirse nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire media hora antes da representación, a través de Internet en www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova