Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana remata o espectáculo O encanto de Lugo, a Cidade Transparente


# Venres, 21/09/2007
Máis de 6.000 espectadores gozaron este verán coas Visitas Teatralizadas

Esta fin de semana remata o espectáculo “O Encanto de Lugo, a Cidade Transparente” coas últimas visitas teatralizadas que se celebrarán co seguinte horario:

- Venres: ás 19:00 horas , ás 20:00 horas e ás 21:30 horas

- Sábado: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas, ás 20:00 horas e ás 21:30 horas.

- Domingo: último pase ás 13:00 horas.

As visitas teatralizadas, organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, están encadradas dentro da programación cultural de Verán en Lugo e comezaron o pasado 3 de agosto.

Ao longo do verán celebráronse 113 representacións que acumularon unha media de 55 espectadores por sesión. Os domingos, en especial no mes de agosto e setembro, foron os días que máis éxito de público acadaron, superando os cen espectadores en cada representación.

En total, uns 6.200 lucenses e turistas participaron nas visitas teatralizadas. Este dato confirma a expectación que desperta esta actividade entre o público, pois ano tras ano increméntase o número de espectadores; no ano 2005 acumuláronse 5.000 asistentes e no ano 2004, non se superaron os 2.000.

Para a representación da escena que pecha o espectáculo empregáronse máis de 50 quilos de foita e de verduras. Neste momento da visita en moitas ocasións o espectáculo adquiriu un carácter interactivo e os espectadores animáronse a degustar os manxares deste banquete colectivo.

Para a caracterización das personaxes deseñouse un bestiario e un atrezzo composto por 13 traxes (un deles é un disfraz de polbo), 8 sombreiros, 2 puchas, 4 paraugas, 4 pares de botas, 9 pares de zapatos e unha bicicleta.
Unha carraca, dúas cestas de mimbre, un telón, unha alfombra de pista de circo, dúas cámaras de fotos, varios bolsos, un boleto de lotería, un pañuelo e dous manteles completan o atrezzo.

No equipo de intérpretes figuran tres actores galegos, dous de Madrid, unha actriz de Zaragoza, dous músicos bielorrusos e un galego


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova