Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello a un grupo de escolares de Vigo


# Venres, 21/09/2007


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde no Salón de Plenos a un grupo de 50 rapaces pertencentes á Fundación Celta de Vigo, ó Centro Deportivo e Cultural Picacho Casco Vello de Vigo e ó Specialolimpics de Monforte.

Os nenos foron recibidos no Concello como parte dunha visita que realizaron durante o día de hoxe á cidade convidados pola Fundación BALOGAL para coñecer os puntos de interese de Lugo e asisitir ó partido do Leite Río Breogán contra Ciudad de la Laguna.

López Orozco, explicoulles as peculiaridades da cidade e faloulles da Muralla. Tamén animou os rapaces a seguir practicando deporte.

Finalmente, os rapaces recibiron un pin da muralla como recordo do seu paso polo Concello. López Orozco fixo entrega tamén ós representantes da Fundación dunha réplica da Muralla.

Este grupo de nenos veu a Lugo grazas a un convenio de colaboración entre a representantes do padroado da Fundación BALOGAL e a Fundación Celta de Vigo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova